Archivo

Archivo para 14 enero 2011

Afonso X, avisado, guerreiro, poeta e furioso

Publicado no diario EL PAIS. SUSO DE TORO14/01/2011.

Cando pretendemos imaxinar a Idade Media sempre nos enganamos. Nada era daquela como nos parece a nós e, contra o que nos aprenderon a pensar os nacionalismos todos, os reis non pretendían crear nacións ou estados-nación, senón imporen a súa vontade, afirmaren a súa liñaxe e o seu reino. Tampouco debemos aceptar as visións idealizadas dos reis, e así a idea que temos de Afonso X probabelmente é a contraria de como realmente foi. Máis ben deberamos imaxinar a este protector das letras e creador dasCantigas de Santa María non como un intelectual ou un poeta dedicado á ensoñación, senón como un guerreiro despiadado, un político avisado e intrigante, un mullereiro e unha lingua de subela. E no canto dun rei protector da nosa lingua, como foi imaxinado polos galeguistas, máis ben un astuto inimigo do Reino galego leonés e o seu liquidador. Aquel político, guerreiro, propagandista, home de acción movíase nun tempo en que a loita polo poder era feroz e el era un protagonista entre outros.

Lady Macbeth é un retrato literario de tantas mulleres raíñas ou princesas que loitaron polo poder na Idade Media. Tiraríase un retrato mellor partindo de Urraca ou da avoa de Afonso X, Berenguela, que tanto tiveron a ver coa historia do Reino galego, chamado en distintos momentos Reino da Galiza ou Reino de León. Con Berenguela comeza unha manobra política de fondo, un rumbo que comezará co seu fillo Fernando, coroado como Fernando III de Castela, e que rematará co seu neto Afonso X.

Esta historia comeza co vello rei Afonso IX, que tivo dous matrimonios, o primeiro con Dona Tareixa de Portugal, con quen tivo dúas fillas, Dona Sancha e Dona Dulce, e o segundo con Berenguela, de quen tivo un fillo varón, Fernando. Afonso IX tiña o designio de que se conservase a independencia do Reino do Noroeste, Galiza e León, e testou a favor de Dulce e mais Sancha, pois o rei receaba do seu fillo Fernando, a quen tutelaba a súa nai, Berenguela, quen lle leigara a coroa xa en vida dela. Fernando reclamou o trono para si e aínda que polo dereito galego podían herdar Dulce e Sancha, tras varias batallas, conseguiu os apoios para usurpar os dereitos das súas irmanastras e coroouse así tamén rei de León e Galiza. O que o Papa chamaría logo Rei Santo non foi especialmente xusto nin bo.
Este foi o comezo dun sometemento político explícito de Galiza a Castela: o século XIII, no reinado de Fernando III e Afonso X, foi a fin de Galiza como reino independente, xa sen posibilidade de reunirse con Portugal, e foi o comezo do Reino de Castela como centro dunha coroa que acabará tendo todo o seu poder coa dinastía alemá dos Habsburgo como un imperio europeo e americano. Porén, Fernando non foi tutelado só pola súa nai, pódese dicir que tamén lle deu apoio e tutela Rodrigo Ximénez de Rada, o arcebispo de Toledo, a diócese contraria a Compostela. De Rada, xudeu converso, foi un personaxe singular: intelectual, político e guerreiro, pódese dicir que foi o creador da idea da España castelá que repetiron séculos despois Ramiro de Maeztu ou Miguel de Unamuno. E moitos aínda hoxe. Vai ser con Fernando III que, ademais do dominio político, comeza a escribirse a falsificación da historia e as bases para argumentar a lexitimidade da nacente monarquía toledana ou castelá como un destino histórico. E vai ser no seu reinado cando comece o paso da lingua do Estado do latín ao castelán. A alianza cos clérigos, Ximénez de Rada e tamén Lucas de Tui, foi un piar do seu reinado fronte aos intereses e os dereitos invocados polos concellos das cidades. Con todo, Fernando conservou o apoio que antes dera o seu pai, Afonso IX, á cultura e a literatura galega que florecera na Escola Compostelá desde o tempo do bispo Cresconio. É con Fernando e co seu fillo Afonso X cando a literatura na nosa lingua ten o seu madurecemento.

Afonso X realmente continuou as liñas políticas do seu pai Fernando, foi belicoso como o fora antes seu pai. Xa en vida deste, e contra a súa opinión, Afonso entrou na guerra pola sucesión do trono de Portugal e con tal motivo apoderouse do Algarve. Fixo guerra en Navarra, Gascuña, Murcia, Cádiz, Xerez, Sevilla, Marrocos… Mais a súa ambición territorial ía alén dos lugares que podía alcanzar co seu exército e manobrou para conseguir ser emperador do Sacro Imperio. O soño era ser coroado polo Papa Rei dos reis cristiáns. Mais o Papa non o apoiou e ese foi o seu primeiro grande fracaso. Un fracaso que concluíu con outro definitivo, un preito entre os seus descendentes, enfrontados fillo e netos nun río de sangue. Afonso mandou asasinar ao seu irmán e a un xenro e morreu deixando sen herdo e maldicindo ao seu fillo, Sancho, El Bravo, en Sevilla no 1284.
Todo o seu reinado está atravesado por unha retesía co reino do que nacera a súa coroa, o Reino galego leonés, ou se se prefire co poder compostelán. A disputa entre Toledo, encabezada por un De Rada que buscaba a primacía, e Compostela, é unha disputa pola sede e a cabeceira do poder político e tamén é unha disputa lingüística e literaria entre a Escola Compostelá e a Toledana. Esa disputa levou a que dedicase a súa magna obra literaria, As Cantigas de Santa María, á Virxe, no canto de dedicarllas ao Apóstolo. Mesmo desviou cara a Virxe milagres que a tradición atribuía a Santiago. As Cantigas, pois, é unha manobra contra Compostela. O que non puido evitar foi que se escribise en galego portugués, pois era a lingua literaria de todo o Occidente peninsular. As Cantigasé unha obra extensa, variada e riquísima de inventiva e cun valor musical enorme. Sen dúbida é un dos monumentos da cultura europea de todos os tempos. Pode que o maior.
Unha parte da súa obra literaria, escrita por el ou mandada escribir do mesmo xeito queAs Cantigas, é obra profana: de 44 cantigas profanas, só cinco tratan do amor, o resto son escarnios, burlas e ataques aos seus inimigos políticos. Para el a lírica, tanto as cantigas marianas como as profanas, foron un instrumento de propaganda política, tanto como a redacción de leis ou a invención dunha Estoria de España redactada segundo a súa conveniencia. Foi un monarca intelixente que comprendeu que para gañar e conservar o poder importaba tanto o poder militar como o poder ideolóxico, a propaganda.
Tivo tempo a ocuparse en que se redactase, en castelán, un corpo xurídico moi importante para fundamentar o estado, o Fuero Real e os códigos de leis Las Partidas ouFuero de las Leyes. A lingua galega perde así a súa oportunidade de ser a lingua do novo reino; con todo, seguiu aínda a ser usada por escrito non só en Portugal senón tamén na Galiza, non sendo nas relacións coa Coroa toledana.
O paradoxal é que aquel rei que cerrou o destino histórico para Galiza é recordado hoxe como un creador e valedor da lingua galega e portuguesa, cousa que tamén é. Mesmo por ser o avó do rei poeta na nosa lingua, Don Dinís de Portugal. Nin sequera un rei afouto e dono do seu destino, é ben que así sexa. E, ben mirada, a cousa ten graza e de seguro que a el tamén lla había facer.

Las nuevas tecnologías de la sociedad de la información incrementan la jornada y la presión laboral

Pedro Costa Morata *.

Entre los mitos –numerosos, descarados– que la sociedad de la información (SI) nos hace asumir destaca uno especialmente frustrante: el que mantiene aquellas miríficas promesas que se nos hacía en los años de 1960 y 70 para el Año 2000: que debido precisamente al benéfico efecto de la tecnologización creciente de la sociedad el futuro nos llevaría a una neta reducción de la jornada de trabajo y al aumento del tiempo libre y el ocio. El tiempo, sin embargo, nos ha traído una realidad caracterizada por todo lo contrario por lo que éste es uno de los aspectos más hirientes que presenta la SI.
El mito persiste porque renunciamos al análisis y a reconocer que el impulso económico que genera esas técnicas busca en primer lugar (y no pocas veces, en exclusiva) la explotación intensiva del empleo humano inevitable. Así, con la expansión de las tecnologías de la información y la comunicación (TIC) desde la década de 1980 hemos ido asistiendo al continuo aumento de la carga de trabajo y actualmente “descubrimos” que en las sociedades informatizadas el incremento de la jornada de trabajo es un hecho (legal o no). Con una novedad adicional, directamente relacionada con la intermediación de las TIC: que la disponibilidad del trabajador ante su empresa o empleador tiende a ser de 24 horas por día, lo que viene facilitado por el despliegue incesante de eficaces aparatos cuyo empleo generalizado (y tantas veces obligado) facilita la conexión/sumisión: el teléfono móvil, el ordenador portátil, el correo electrónico…
Todavía hay que describir otro paso más en el recargo de trabajo, cuya novedad principal es que cuenta con una cierta voluntad de autoexplotación por parte del ciudadano (sea o no trabajador). Esto sucede cuando asumimos la realización de tareas –informáticas– que hasta ahora se inscribían en el proceso productivo, digamos, especializado, y que ahora las TIC –y ciertos señuelos que nos despistan con eso del ahorro de tiempo o de dinero– facilitan bajo el estímulo, siempre al acecho, de la dinámica empresarial. Es lo que sucede cuando adquirimos por Internet un billete de avión u operamos en línea con nuestro banco, y lo que irá sucediendo según se generalice la e-administración, el e-comercio, el llamado proceso interactivo en el enseñar-aprender… Se trata de una autoexplotación que nos absorbe crecientemente e incluso nos cautiva, añadiéndonos trabajo “voluntario”, pero que incrementa instantáneamente las ganancias empresariales; éstas se relacionan ante todo con el ahorro de trabajo empleado así que actuando de esta forma no sólo realizamos un trabajo no remunerado sino que al mismo tiempo inducimos desempleo en la cadena productiva: y todo ello envuelto en la euforia que producen las maravillas de las TIC.

(*) Pedro Costa Morata es profesor de la Universidad Politécnica de Madrid. Autor de Electromagnetismo: silencioso, ubicuo, inquietante (1996). Premio Nacional de Medio Ambiente.

El sexo de los ángeles

02/01/2011 1 Comentario

Artículo aparecido en LA VOZ DE GALICIA. 2 septiembre 2010. Autor: LUIS VENTOSO.

El pasado domingo, este periódico entrevistó a los líderes de los tres partidos gallegos para chequear sus planes y urgencias ante el nuevo curso político. Hablaron mucho de los incendios forestales. También de las inefables infraestructuras, una música de fondo que nos acompaña desde hace décadas. Feijoo se quejó, una vez más, de la deuda que el Estado les quiere cobrar a las autonomías y comentó que ya no se cree las promesas de obras de Pepe Blanco. Es decir: balones fóra. Pachi Vázquez, cuyo discurso se agota en repetir que Feijoo es malo, acusó a la Xunta de invertir poco y de recortar en educación, sanidad y dependencia. Y Guillerme Vázquez recalcó que el gran tema para el BNG será «o debate sobre o Estatuto de Nazón».

Pueden ser asuntos relevantes. Pero parecen el sexo de los ángeles en un país, Galicia, que en los últimos seis meses ha destruido 45.000 empleos. ¿Qué pensará la legión de personas en el paro al ver que sus representantes orillan un problema que es, de lejos, el más acuciante? Hay que ser un astronauta para priorizar el Estatuto de Nazón cuando 201.800 gallegos están en el paro. Resulta cansino que se monte la ya tradicional liorta sobre los incendios, problema ante el que debería existir un acuerdo tácito de los tres partidos desde hace lustros, en lugar de dedicar el tiempo y las ideas a crear empleo. Es inadmisible que se hable más de los peregrinos que de los parados. Y no se puede divagar todo el día con el señuelo del AVE cuando miles de gallegos empiezan a tener problemas para pagarse el bus urbano.

Lo peor es que cunde la sospecha de que no hablan del paro porque, en el fondo, todos saben que la capacidad de la Xunta para invertir la marea es mínima. Algún día la Xunta tendrá que dar el salto, dejar de ser una macrodiputación, y convertirse en un Gobierno.

Seguir

Get every new post delivered to your Inbox.